viernes, agosto 18, 2006

Blow up, de Antonioni



Blow up, Inglaterra, 1966, V.O.
Xénero e duración: Thriller, 111'
Dirección: Michelangelo Antonioni
Guión: Julio Cortázar (relato Las babas del diablo), Michelangelo Antonioni, Tonino Guerra, Edward Bond
Reparto: Vanessa Redgrave, Sarah Miles, David Hemmings, John Castle, Jane Birkin, Gillian Hills, Peter Bowles, Veruschka von Lehndorff, Julian Chagrin, Claude Chagrin, Jeff Beck, Susan Broderick, Tsai Chin, Chris Dreja,
Melanie Hampshire, Harry Hutchinson, Jill Kennington, Mary Khal, Chas Lawther, Jim McCarty, Peggy Moffitt, Rosaleen Murray, Ann Norman, Ronan O'Casey, Jimmy Page, Keith Relf,
Janet Street-Porter, Reg Wilkins
Produción: Carlo Ponti, Pierre Rouve
Música orixinal: Herbie Hancock, The Yardbirds
Música non orixinal: John Sebastian
Casting: Irene Howard
Vestiario: Jocelyn Rickards
Peiteados: Stephanie Kaye
Maquillaxe: Paul Rabiger
Son: Robin Gregory, Mike Le Mare, J.B. Smith

Neorrealismo da man de Antonioni que se converteu, sen querer, en icona mod: un fotógrafo de moda londiniense é quen de retratar a dor e a violencia sen sentir nada. Pero cando toma a foto dunha parella no parque e a comeza a revelar, no cuarto escuro, descobre algo no que non reparara ao tirar a foto.
Para vela, e voltar a vela, e voltar a vela...

1 comentario:

  1. Anónimo10:16 a. m.

    Hai un filme de Coppola, dos anos setenta, que emprega a mesma idea que este de Antonioni: pescudar nunha mostra tomada do natural ate descubrir... que a reproducción ofrece unha versión diferente desa realidade.

    Chámase "A Conversa", é de 1974 (o mesmo ano que "O Padriño II"), e o protagonista está interpretado por Gene Hackman (tamén saen John Savage e Robert Duvall). Desta vez non se trata dun fotógrafo e da análise polo miúdo dunha imaxe, senón que o personaxe é un espía que graba a conversa do título na primeira escena e logo adícase o resto do filme a analizala para comprender que é o que quería dicir realmente a parella que está falando.

    A min, persoalmente, gústame máis "A Conversa" que "Blow-up", porque envelleceu mellor, porque é menos superficial, porque o personaxe é moito máis interesante (a soidade do ser humano e blablabla) e mesmo porque a reflexión sobre a realidade e as reproduccións, sen ser tan lúcida, está mellor argumentada.

    Eu téñoa no vello formato VHS. Pero en internet hai de todo, claro.

    Por certo, "Blow up" tivo un remake americano, da banda de Brian de Palma, nos anos setenta. Titúlase "Blow out" ("Impacto", na versión castelán). Non a vin, pero hai quen fala ben dela (Tarantino sempre a nomea como un dos seus filmes favoritos)

    Un bico!

    ResponderEliminar