Levo bastante tempo dándolle voltas á idea e coido que cando entre os meus regalos de reis apareceu unha cámara dixital a decisión fíxose obvia.
Vou clausurar este blog, cando menos na súa parte verbal. Non me apetece escribir, o que máis me gusta de todo isto é ter un espazo para por imaxes, a agora que teño os medio para que estas imaxes sexan máis vou adicalo precisamente a iso. Así que esta Casa do Carme queda agora convertida nun fotolog.
Novos contidos e un adeus agarimoso a todos/as que me acompañastes nesta viaxe. Moito me temo que o meu exhibicionismo non da máis de si.
Bicos moitos!!
...cando crees o fotolog enviame o enderezo !!!
ResponderEliminarA meirande parte das veces as túas fotos comunican moito máis do que se pode expresar con palabras, Carme.
ResponderEliminarAínda que se botarán en falta as túas verbas...
Un biquiño