miércoles, agosto 30, 2006

Vacacións!!!!




As dúas Marías estrenan roupa todas ufanas na Alameda!
Mentres Coruña (A) nos ofrece imaxes e sabores totalmente sorprendentes ademáis dese mar que de bravo te pon en calma Compostela compite duramente: regálanos jazz ó aire libre polas noites, o Paraiso Perdido cheo de monos trememendamente humanos, pan con pasas e noces recen saído do forno na panadería da Troia...
Na casa, novas correntes artísticas que melloran os meus espazos físicos e mentais

jueves, agosto 24, 2006

Lindo gatiño

Non sei quen anda espallando esta linda especie gatuna pola cidade adiante, pero... gracias por alegrarnos o día!

lunes, agosto 21, 2006

Mega Ego


Agosto

Agosto é un mes a suprimir do calendario laboral.
Serve básicamente para criar acidez de estómago pensando en todo o que tes que facer pero non podes porque todo o mundo está de vacacións.
Unha especie de impotencia organizada, consentida e que goza do beneplácito popular en base á idea de que as vacacións son algo a facer fichando nun conxunto sol-praia ou torrándote percorrendo cidades e pagando por iso o doble que en calquera outra época do ano.
Así que os asuntos pendentes da miña vida, lonxe de resolverse acumúlanse mentres a acidez volta ó meu estómago incapaz de adaptarse ás épocas de falsa tranquilidade.
En mentres pensar nas vacacións que me esperan e na deliciosa compaña que as acompaña é o mellor antiácido que ninguén podía ter para min.

viernes, agosto 18, 2006

Blow up, de Antonioni



Blow up, Inglaterra, 1966, V.O.
Xénero e duración: Thriller, 111'
Dirección: Michelangelo Antonioni
Guión: Julio Cortázar (relato Las babas del diablo), Michelangelo Antonioni, Tonino Guerra, Edward Bond
Reparto: Vanessa Redgrave, Sarah Miles, David Hemmings, John Castle, Jane Birkin, Gillian Hills, Peter Bowles, Veruschka von Lehndorff, Julian Chagrin, Claude Chagrin, Jeff Beck, Susan Broderick, Tsai Chin, Chris Dreja,
Melanie Hampshire, Harry Hutchinson, Jill Kennington, Mary Khal, Chas Lawther, Jim McCarty, Peggy Moffitt, Rosaleen Murray, Ann Norman, Ronan O'Casey, Jimmy Page, Keith Relf,
Janet Street-Porter, Reg Wilkins
Produción: Carlo Ponti, Pierre Rouve
Música orixinal: Herbie Hancock, The Yardbirds
Música non orixinal: John Sebastian
Casting: Irene Howard
Vestiario: Jocelyn Rickards
Peiteados: Stephanie Kaye
Maquillaxe: Paul Rabiger
Son: Robin Gregory, Mike Le Mare, J.B. Smith

Neorrealismo da man de Antonioni que se converteu, sen querer, en icona mod: un fotógrafo de moda londiniense é quen de retratar a dor e a violencia sen sentir nada. Pero cando toma a foto dunha parella no parque e a comeza a revelar, no cuarto escuro, descobre algo no que non reparara ao tirar a foto.
Para vela, e voltar a vela, e voltar a vela...

Enjoy Compostela

Esta cidade dache motivos para reverenciala cando menos o esperas.
Atopar un supermercado que venda todos os productos precisos para facer Sushi é un deles.
Poder ir ver unha peli como Blow Up de Antonioni pola cara no auditorio do CGAC outro.
A choiva que che permite durmir tapada en pleno verán...