lunes, agosto 21, 2006

Agosto

Agosto é un mes a suprimir do calendario laboral.
Serve básicamente para criar acidez de estómago pensando en todo o que tes que facer pero non podes porque todo o mundo está de vacacións.
Unha especie de impotencia organizada, consentida e que goza do beneplácito popular en base á idea de que as vacacións son algo a facer fichando nun conxunto sol-praia ou torrándote percorrendo cidades e pagando por iso o doble que en calquera outra época do ano.
Así que os asuntos pendentes da miña vida, lonxe de resolverse acumúlanse mentres a acidez volta ó meu estómago incapaz de adaptarse ás épocas de falsa tranquilidade.
En mentres pensar nas vacacións que me esperan e na deliciosa compaña que as acompaña é o mellor antiácido que ninguén podía ter para min.

No hay comentarios: