miércoles, agosto 24, 2005

Confusión

Onde cantan os poetas
a nos lembra-lo que non foi
ou puido ser,
vese a dor da inmóvil, imposible, invariable
medida do silencio que resta


Xela Arias, Intempériome, 2003

viernes, agosto 12, 2005

Un verán sen praia para moitos non é un verán, para min un verán sen estar un pouco o sol na finca e sen pisar a herba tampouco é un verán, o da praia polo menos para min é algo secundario.
Esa sensación de calor e pereza, as duchas frescas, a herba como fondo magnífico para verme os pes, o ceo azul, o ruido da xente de vacacións que pasa en bicicleta ou andando ó lado da finca... I eu metida nese remanso de paz, protexida do mundo e de miradas indiscretas polo muro cheo de hedras e polas cada vez máis grandes árbores. E mire a onde mire hai flores!
E despois a sonrisa cálida de miña nai que me rega como se fose unha planta máis e me fai cóxegas nos pes para que me mova e faga algo. E a música clásica na radio mentres o meu pai le e toma café tras café. E meu irmán que seguro que non está porque está correndo ou andando en bici polo monte adiante. E as visitas de meus tios e meus primos, que tamén están de vacacións e ven tomar o fresco canda nós. E os amigos chamando por teléfono para contarme onde están e que fan e para convencerme de que baixe a Ourense a tomar algo con eles e falarmos en directo. E perderme por camiños frescos e cafés tranquilos con el...
E todo iso en sandalias!!Que nostalxia de veráns eternos!

martes, agosto 09, 2005

Cansanzo...

Hoxe estou cansada pero polo menos con motivo!
Estiven camiñando toda a tarde e síntome estupendamente. Coido que os microbichos están practicamente liquidados así que mañán toca volver a estudiar. Sumerxirse de novo nese montón de temas...
Mmmm... pensandoo ben estar enferma tiña as súas vantaxes!
Para completar o descanso, voume ir a durmir como que xa...