domingo, marzo 26, 2006

Primavera





Que cousa máis triste é unha primavera que non acaba de chegar, un frío despistado que non sabe que son horas de ir marchando.
Non é posible sentirse ben neste tempo, porque o corpo precisa sol e a alma precisa calor.
Miro pola xanela e non hai maneira de topar signos de bo tempo no horizonte, así que a cor teño que buscala dentro da casa e sobre todo: dentro de min mesma.
Porque sei que as miñas amigas ten razón: que me falta luz, que se me foi certa vida e certa excentricidade que para ben ou para mal me caracterizaba, que se tiña un certo brillo agora so aparece con certa persoa, que me volvín desconfiada...
Eu sei que é certo, pero non sei se realmente me importa que sexa así.
Penso que quizais é mellor reservar certas cousas para quen ten realmente interese en valoralas, en lugar de pretender alumear un mundo que cada vez me parece máis oscuro.
Preciso deixar de pelexarme co mundo, deixar de sentirme responsable, perdoarme a min mesma.
Preciso unha certa primavera mental.

viernes, marzo 24, 2006

jueves, marzo 23, 2006

As luces das cousas

As luces das cousas
Non sei se as cousas son da cor do cristal co que se miran, pero dende logo si que me parece determinante a luz que as ilumina.
As cousas das luces
Sen luz no fondo moito mundo quedaría oculto, e é a luz quen decide como e cando mostrarnos certas cousas
Hai persoas que ademáis de ser persoas, son pura luz.

jueves, marzo 09, 2006

Para mostra un botón


Este tipo de imaxes deberían sair nas revistas de moda, si, pero con un deses carteis de "DON´T" que advirtan que é un horror estético e persoal ter estas pintas.

O espectáculo da moda

Non acostumo a opinar sobre as cousas que non me son propias, ó fin e o cabo este blog non é máis que un maior ou menor lucido/lúcido exercicio de egocentrismo.
Pero realmente a polémica levantada polas tallas, medidas, pesos e poses das modelos que popularon a pasarela Cibeles en Madrid, tenme pensando moito no tema.
O espectáculo da moda escríbese para min dende sempre a golpe de tixeira, materiais e cor. Ten tintes de transgresión, pero sobre todo ten febre de capitalismo creativo e desperta febres de consumismo imposible.
Se a mediocridade ou a incapacidade dos deseñadores os obriga a celebrar espectáculos cebando torturas nos corpos desnutridos dos seus maniquies, perdemos todos.
Eu particularmente, voltarei os meus ollos ós desfiles de moda da rúa e as gozosas lorzas do norte que o pasean, vantaxes de vivir nunha cidade universitaria!

martes, marzo 07, 2006

"La vida te da sorpresas, sorpresas te da la vida ¡ay, Dios!... "


Que dice la canción que la vida te da sorpresas y sorpresas te da la vida.
En el fondo no hay nada, o casi nada que no puedas encontrart en una buena canción.
Así de manidas son el 90% de las cosas que nos pasan, que ya nos las cantan otros.
Aunque yo personalmente, siempre he preferido aullarle a la luna a cantarle a la gente, cosas de signos lunáticos como el mío de cancer y reservarme para mi el 10% verdaderamente importante. Es un secreto entre la luna, yo y alguna que otra mente caótica dispuesta a perderse en mis avismos y mis locuras.
En otro orden de cosas hace tiempo que como lobo debería haber dado cuenta de determinadas borregas...