domingo, septiembre 24, 2006

Falsas categorías

Cousas intermitentes:
  • Os intermitentes do coche
  • A noite
  • O día
  • A compaña
  • O sono que ben e vai
  • O estrés

Cousas continuas:

  • A chuvia en Santiago
  • A presenza do ser amado
  • O amor

viernes, septiembre 15, 2006

Aniversarios fúnebres

Vendo o outro día o inevitable documental sobre o 11S, dábame conta do importante que foi e que é para as persoas (que non xente) os afectos nas situacións límite. Recoñezo que non vin enteiro o documental, nin ganas tiña de recrearme na morte de tanta xente, pero iso chamoume a atención porque ó día seguinte un dos protagonistas reais daquela traxedia aérea que levou á uns mozos a ter que sobrevivir nos Andes durante máis de dous meses , recalcaba do mesmo xeito a importancia dos afectos, das persoas que queres e o que vale a súa compaña nas situacións límite.
Trasladado a Madrid e a miña vida (recordemos que este blog non é máis que un puro exercicio de egocentrismo) o que máis lembro do 11M foi precisamente iso. Todas as mostras de cariño e preocupación que ocorrían ó meu redor: a primeira chamada antes de que todos os teléfonos se colapsasen de Silvia preguntando onde estaba, o tremendo abrazo que me din con Bárbara cando a vin e souben que estaba ben, a compaña dos meus compañeiros de traballo mentres xuntos facíamos o reconto angustiados por todos aqueles que nos faltaban, os abrazos de todos ós compañeiros á un dos comerciais cando se marchou a buscar a súa muller que non voltou a aparecer, a tarde que pasei ó baixar da empresa dixerindo o ocurrido paseando cun amigo que se ofreceu a facerme compaña por Madrid. Maldecín a cea que pasei sóa e a noite que non me deixaba respirar, agradecín a todas as persoas que me rodeaban na manifestación, e a todas ás que coma min voltaron a coller o cercanías en canto estivo operativo. Supoño que cando algo así pasa no teu entorno ves que é realmente importante, e tamén a quen tes, e tamén, desafortunadamente, quen cando ti pensabas que ía estar, che falta

domingo, septiembre 10, 2006

De volta!!


De volta e pensando en todo o que fixemos e en todo o que vimos aínda non tiven tempo de procesalo todo de tantas cousas boas vividas. Así que cando vaia pondo recordos, nomes, datas, fotos... en orde irán aparecendo nesta miña casa.
Ata entón e como avance das mellores vacacións da miña vida: esto foi o que almorzabamos antes de ir monte arriba ou monte abaixo ou monte a través.
Por se existe algunha dúbida ó respeito a taza que se vé é unha taza de almorzo, non das pequeniñas de café. Gracias señora Blanca!!!!

viernes, septiembre 01, 2006

Impaciente!

Despois de tantos preparativos espero impaciente a que pasen as horas que me levarán a Picos de Europa.
8 días por diante de ruptura total de rutinas, de relax, de desfrute...
A volta espero ter fotos!!