jueves, noviembre 30, 2006

O coche


Despois de levarme a traballar todos os días, de acompañarme ós Picos de Europa, de librarme da RENFE, de permitirme escapadas Á Coruña e terme máis cerca de todo...
Merecíase un post o meu coche, non?

Paisaxe fantasma

Cuestión de detalle


Fortuna



Afortunada me sinto, aínda que non sei se a fortuna ten moito que ver niso. Supoño que fai falla ter fortuna, sorte, estrela, un bo destino ou os deuses da túa parte. Pero logo hai que saber ver e ter ganas de ver e pelexar polo que un ve, é as veces para os/as que coma min son miopes esa é a parte máis difícil.
Afortunadamente hai gafas para ver o mundo e sinto que cada vez vexo máis cousas e hai máis cores e máis matices. Ou son máis sabia ou se me está a relaxar moito a moral, pero en calquera caso... Estou afortunadamente encantada!!!!

jueves, noviembre 23, 2006

martes, noviembre 21, 2006

Eses ollos verdes

Para os ollos verdes (que paradoxo) máis incribles que teño coñecido, na fe de que sen ser malos estes tempos teremos tempos mellores.
ESOS OJOS NEGROS
(Duncan Dhu)

Esos ojos negros...
Esos ojos negros
no los quiero ver llorar
Tan sólo quiero escuchar
Dime lo que quiero oir
Dime
Dime ahora que duerme la ciudad.
Hace ya algún tiempo
Hace ya algún tiempo
que tu voz parece ser
Una pluma y un papel
que cuentan
Que vas a volar en sueños
Que serán tus ojos negros
Los que me iluminen al andar.
La lluvia cae sobre el suelo gris
El tiempo pasa y no puedo reír.
La noche es larga, mi voz amarga
Hoy he visto despertar el sol
Y tus pupilas brillan más
Pero espera, descuida, que ya vendrán
Los buenos tiempos volverán
Pero espera, descuida, que ya vendrán...
La lluvia los devolverá.
Esos ojos negros...
Esos ojos negros no los quiero ver llorar
Tan sólo quiero escuchar
Dime lo que quiero oir
Dime que vas a reir
Dime
Dime ahora que duerme la ciudad.

domingo, noviembre 05, 2006

Sempre quedamos pra cear


Moitas veces de cea coas miñas amigas de Ourense imaxinaba o que pensarían de nos todas as persoas que por gracia ou desgracia (asumo que cada quen tería a súa opinión) acababan sentadas ó noso carón.
Falamos demáis, somos un pouco (ou moito) lurpias, metémonos unhas sempre na vida das outras, discutimos todo e de todo, somos unhas escandalosas e querémonos un montón.
Esas nosas cenas son un merecido descanso ou un auténtico pelotón de fusilamento, a según como vaia a semana e a vida en xeral; pero son sobre todo unha institución: un lugar ó que voltar.
Supoño que dende a mesa do lado parecemos unhas chifladas ruidosas, e a verdade e que facemos méritos en canto vemos expresión de escándalo na cara dalguén. É unha pequena maldade que sempre nos consentimos, como gozar da cara de susto dos camareros cando pedimos todas as chucherías da carta.
Toda esta reflexión deriva do feito de que por moito que discutamos ou teñamos problemas ou opinións dinstintas ó final sempre quedamos pra cear.
Que estudiemos, traballemos, teñamos mozo, sexamos unhas tolas solteiras, vivamos en Ourense, en Pamplona, En Madrid ou en Vigo...
Sempre quedamos pra cear