viernes, diciembre 09, 2005

Hoxe vai de fotos...

Close to compostela you can find...



a dream

jueves, diciembre 01, 2005

Publicidade

Diccionario de andar por casa estilo Coco:



Importante:
  • Sentirse cómoda na propia casa, na propia vida
  • Mirarse no espello e saber recoñecerse
  • Ser capaz de organizar cousas con un grado razonable de éxito
  • Superarse e ir sempre ós exames pensando en aprobar
Non Importante:
  • Unha goteira máis ou menos, ou o polvo acumulado despois dunha semana de traballo dura
  • Uns kg máis, unhas ojeras delatoras de cansanzos antigos, a primeira cana...
  • Se asiste ou non un cargo máis ou menos a un evento .
  • A nota obtida nos exames

Importantísimo:

  • que a xente a que queres esté ben
  • voltar ós brazos daqueles que che importan
  • que aqueles que che importan, volten ós teus brazos

martes, noviembre 29, 2005

Tensión

Estres,
fatiga,
cansancio,
agobio,
deseperación,
cotidianidade que non podo afrontar,
paralise,
incapacidade manifesta...

Superación?
Supervivencia

miércoles, noviembre 23, 2005

Verbas prestadas

Sabe Cansaço Feliz ?

Um tantinho de preguiça
Sono atrasado que nunca ponho em dia
Saudade chatinha a oprimir o peito
Livro na cabeceira esperando ser lido
Idéias na cabeça
Muito trabalho,
Planilhas, auditorias, fechamento de balanço (argh)
E-mails no meio do dia que me fazem sorrir
E assim alivia meu cansaço
Um beijo cheio de vontade de se dar
As horas passando
Outras horas e horas sem você
Na verdade com você, sempre com você
Tudo que é dito
E tudo que não é dito
Subentendido
Delicado
Meus dias
Assim são sentidos...

Ana D.


Precioso blog:
http://muitoalemdoceuazul.zip.net/

martes, noviembre 22, 2005

Diccionario de andar por casa

Opotimismo: modo irracional de afrontar tarefas difíciles que non imposibles das que garanten estabilidade económica e tempo suficiente para desfrutala nun intervalo indefinido de tempo.

miércoles, noviembre 16, 2005

martes, noviembre 15, 2005

lunes, noviembre 14, 2005

Diccionario de andar por casa

Puntos suspensivos:
  1. Modo fácil de deixar calquera enumeración aberta, ás aportacións alleas ou ós arrepentimentos propios.
  2. Expresión recurrente da miña incapacidade de pechar calquera razonamento con coherencia.
  3. Petición discreta de resposta, invitando a completar o que non se di e polo tanto pedindo a aprobación do que se adiviña sen dicirse.
  4. Expresión bendita de ...

Microbichos de volta

Moito me jode frenar ritmo de todo por estar enferma. Finde estropeado por tremendo dor de garganta aderezado con febre e dor de cabeza. Eso que os médicos chaman "malestar xeral" cobrou sentido de repente
Nin estudiar, nin salir por ahí, nin desfrute da mellor compaña... Un desastre.
Agora que parece que xa toquei fondo e vou a mellor tócame recuperar o tempo perdido.

jueves, noviembre 10, 2005

Esa é a cuestión



Estudiar.... Descansar....

martes, noviembre 08, 2005

As veces fundiríame na dor e quedaría alí compadecéndome e chorando ata afogar nas miñas lágrimas...
Pero sempre topo algo mellor que facer
Afortunadamente

lunes, noviembre 07, 2005

Te quiero

Tus manos son mi caricia
mis acordes cotidianos
te quiero porque tus manos
trabajan por la justicia

si te quiero es porque sos
mi amor mi cómplice y todo
y en la calle codo a codo
somos mucho más que dos

tus ojos son mi conjuro
contra la mala jornada
te quiero por tu mirada
que mira y siembra futuro

tu boca que es tuya y mía
tu boca no se equivoca
te quiero porque tu boca
sabe gritar rebeldía

si te quiero es porque sos
mi amor mi cómplice y todo
y en la calle codo a codo
somos mucho más que dos

y por tu rostro sincero
y tu paso vagabundo
y tu llanto por el mundo
porque sos pueblo te quiero

y porque amor no es aureola
ni cándida moraleja
y porque somos pareja
que sabe que no está sola

te quiero en mi paraíso
es decir que en mi país
la gente vive feliz
aunque no tenga permiso

si te quiero es porque sos
mi amor mi cómplice y todo
y en la calle codo a codo
somos mucho más que dos.


Mario Benedetti

lunes, octubre 24, 2005

Outono



Outono de cores roxas
e brillos de auga
de molladuras
e roupas cálidas
outono de conversas infindas
de miradas complices
de confesións
e risas
outono de te con doces
de sol esquivo
e música
outono de paraiso

lunes, octubre 17, 2005

domingo, octubre 16, 2005

Como unha reina nun cesto, e o cesto furado



Había unha cousa que me dicía miña aboa cando me deitaba a modo de boas noites, dicíame que quedaba "como unha reina nun cesto e o cesto furado"
E eu non entendía moito que significaba aquelo, pensaba que o de quedar como unha reina nun cesto pois tiña que ser unha sensación estupenda pero tampouco tiña moi claro que era unha reina, nin que facía no cesto e moito menos para que estaba o cesto furado.
O cesto debía ser un sitio cálido, agradable, recollido... iso si que o entendía. O do furado imaxinabao como unha especie de mirilla para ver que pasaba no mundo, pero dende ese sitio estupendo. Mirar sen arriscarse, dende o teu sitio seguro e fantástico cheo de amor.
Agora comezo a pensar que o furado debía servir tamén para que entrasen persoas na túa vida. Para que os de afora mirasen cara adentro.
Este é o meu cesto,
benvidos e benvidas

lunes, octubre 10, 2005

Hiperactividade


Hipervitaminada, hipermineralizada!!!
Superben alimentada (corpo e alma) o meu cerebro funciona a mil.
Todo o que podía parecer agobio convírtese en estímulo, e hiperestimulada o meu cerebro acelérase e hiperestimulase só.
Un circulo de enerxía fantástico que deixa atrás todos eses días de cansancio e mal corpo.
Por fin!

miércoles, octubre 05, 2005

Monotemática



Monotemática estou.
Monotemática absoluta de multiples manifestacións e variados sintomas:
  • Textos monotemáticos.
  • Sonrisas absurdas.
  • Pensamentes focalizados nunha soa cousa.
  • Recordos omnipresentes.
  • Imsonios unimodais.
  • Debuxos inconscientes e adolescentes en calquera papel.
  • Variadas formas de comunicación, unico mensaxe

Precioso monotema

martes, octubre 04, 2005

Outono

Vai frío polas mañás, oscurece antes, cambiaron as cores nos parques e nos escaparates, voltaron os universitarios á cidade...
Volve o outono e con el as ganas de cousas quentes en cafeterías calidas con máis cálida compaña, de meter o nariz na roupa de inverno en busca de vellos recordos e novas ilusións, de ir de magosto, de compotas de mazá, de tardes de ler con manta no sofa, de conversas coa aboa na cociña...
As follas can e irremediablemente con elas cánseme pesares, medos, angustias... E todo o que se me cae se me cae sen dor, fácilmente, tan fácilmente que me sorprendo ó verme tan espida e tan feliz.
Volto a estudiar, os 90 temas invariables agardan por min, pero reciben unha Carme un pouco distinta.

Coherencia

Entre o que pensei e penso existe unha lóxica irracional na que me perdo e na que me atopo, por iso me sei acertada nas miñas decisións
Entre o que fago e que fixen seime honesta, por iso non preciso renegar de nada, anclarme no vivido ou ter medo do que ven.
Entre o que sinto e o que sentín me sei máis grande e máis intensa, por iso son simplemente feliz.
Entre min e as miñas múltiples versións daríase unha fácil convivencia, non exenta de conflictos pero con reconciliacións, por iso me acepto, xa non me dou vértigo e me degusto a placer.
Entre o que penso, o que fago e o que sinto existe coherencia, por iso respiro mellor.

martes, septiembre 13, 2005

Calma


Duas semanas de baixa, corpo que non acompaña a enerxía da alma, alma rota que volta a nacer, conciencia desfeita polo daño feito, meninha que xa morreu, felicidade rota pola culpa, felicidade absoluta, ilusión que se escapa en sorisos que non podo controlar, en abrazos que me dan vida, amor que se me escapa en bicos e vai ó mar, nubes de amor que choven ledicia...
E agora calma, só calma. Calma de recuperar o traballo, o peso, a casa, a independencia, a felicidade de saberme e de saberme ben...
Canta calma e canta inquietude.
Mírome ó espello e sorpréndome de verme alí enteira e feliz, completa.
Para tod@s @s que sigan preocupad@s por min, estou ben.
Estou en calma

miércoles, agosto 24, 2005

Confusión

Onde cantan os poetas
a nos lembra-lo que non foi
ou puido ser,
vese a dor da inmóvil, imposible, invariable
medida do silencio que resta


Xela Arias, Intempériome, 2003

martes, agosto 23, 2005