domingo, julio 31, 2005

Ordeando recordos


Hoxe tiven un ataque de orde e en medio desta reclusión á que me condenan os micorbichos que teño encima (resistense a marchar, a pesar de todos os meus esforzos: incluso os amenazo!).
E nese ataque de orde que me deu, recopilei esas cousiñas que non podo tirar porque me vai media vida nelas e decidin que mellor sería conservalas todas nunha bonita libreta que comprei fai anos xa para iso.
Mentres buscaba un criterio lóxico para organizar eses pedazos de papel, ía revivindo un montón de cousas. Volvín ó cineclub, a concertos, a abrir regalos, a tomar cafés,a Madrid, a cear en tatos sitios distintos, á festa castreña... Teño un mundo de cousas atrapadas nunha libreta con un denominador común que me fai estremecer.
Mmmm... Ata me deu un arrebato de bondade mental e xuzguei menos severo cousas/persoas que andaban por ahí en medio de tanto recordo!
Non hai como ser feliz para ser mellor persoa! Jijijijijijijiji...

viernes, julio 29, 2005

Vírica circular


Ando polo mundo (por este micromundo que é a miña casa) vírica perdida e cansadísima. Teño moita máis forza mental, pero o corpo non me responde.
Mañá tocará seguir estudiando, pero quieta de corpo que se non esto non vai mellorar nada.
Ademáis de nauseas no corpo, teño certas nauseas na alma, por todas esas cousas que me pasan mil veces no día pola cabeza. Pensamento circular, o meu mundo é circular. Por iso me circulan pola cabeza recurrentemente as mesmas cousas:
  • Traballo: proxectos que se acaban, que non dan empezado, que non camiñan como deben, que non acaban nunca, problemas recurrentes, persoas irresolubles, expedientes eternos ...
  • Estudiar: temas que se atascan, temas que nin idea de que tema tratan, temas que xa están, temas que nunca me vou saber!!! Coño: 90 temas...
  • Amigos/as: os que van, os que veñen, os que sobreviven cada día, os que non poden cos seus días, os que non poden coas súas noites, os que me resisto a deixar marchar, os que nunca estiveron pese a parecelo, os que me miman, os que me coidan, os que me berran, os que aparecen de golpe despois de desaparecer...
  • Parella: reservo para min as miñas categorías, non so me definen a min. Non sería xusto
  • Familia: meu irmán, o traballo de meu irmán, o piso de meu irmán, os futuros fillos de meu irmán, a vida de meu irmán...
  • mundo: o medo colectivo, a paranoia, os modelos de comportamento que non me reflicten en absoluto...
  • casa: a lavadora, a plancha, ordear o armario, encontrar algo na despensa entre tanta cousa, donde carallo teño que ir comprar a bombona, as plantas, as obras que me desquician, a miña veciña Nerea que ten moi mal humor as veces (e iso que coido que cabe nun caldeiro aínda) ...
  • o tempo: barómetro recurrente do meu ánimo a través da pantalla das miñas ventás.

(....)

jueves, julio 28, 2005

Virus en xullo

Nesta especie de inverno no medio de verán, para non facer un feo aparecen os virus.
E eu que son moi receptiva a canto microbicho hai polo mundo, pois así ando: chea de virus intestinais.
Aquí sen poder facer moitas cousas e angustiada por todas esas cousas que debería estar facendo e non fago, dormito no sofa.
Menudo día máis imbecil... Perdido a todos os niveis.

miércoles, julio 27, 2005

Chove...

Chove...
Menudo fin de xullo... Ás veces chove tanto que incluso cos tapóns dos oidos postos o escoito. É tremendo...

lunes, julio 25, 2005

Parece incrible...

Moi ben, pareceme mentira que agora a paranoia áfecte a absolutamente todo.
Para entrar na catedral hai que ensinar a mochila!
é tremendo que un par de idiotas xerasen unha reacción así... Non merecían tanta atención.
Absurdos, son absurdos coma a situación.

jueves, julio 21, 2005

Lóxicas irracionais

Acabaremos descofiando de todos os veciños?
Cando a violencia non ten lóxica (como se puidera tela) non nos vai pasar que o medo se nos volva tamén irracional?
Todo o que está pasando en Lóndres, me devolve ó Madrid metade coraxe metade paranoia que vivimos o ano pasado e dame moita lástima.
Sempre tiven unha imaxe de Londres como unha cidade na que conviven moitas cores, moitas razas, moitas culturas...
Non me gusta pensar que vai dexenerar nunha cidade paranoica na que as persoas comencen a ter medo das persoas que se sentan ó lado no autobús, no metro, no tren...
O ano pasado cando xa pasaran un par de meses dende o 11M, superadas as fases do desplegue policial, dos rexistros, dos controis nos acesos ós cercanías.... Cando xa todo parecía "normal" ía no metro e na parada de Avenida de América oiuse un pitido tremendo. A xente asustouse moito,houbo carreiras, persoas que chillaron, que se tiráron ó chan e outras que se quedaron totalmente paralizadas. Era so un neno cun deses chiflos de arbitro, e case se nos para o corazón a todos.

domingo, julio 10, 2005

Es una tortura perderte...

Non estar con que queres estar, da igual o motivo é unha tortura. Niso Shakira ten razón.
Que tristura teño e que cansanzo e que mal de alma e de corpo ando.
Extraño a confianza, a intimidade, a calor, a calma...

jueves, julio 07, 2005

Outra vez.

O horror volve...
Esta vez máis lonxe, pero non hai moita diferencia.
Caótico, absurdo, inxusto...
Non hai motivo, non hai criterio...
So hai morte e medo, moito medo. Todo ese medo que queda despois, o que che acelera o respirar, o que non deixa que durmas, o que fai que non podias despegarte das persoas que queres sen medo a perdelas...
Un medo que nin os abrazos máis fondos poden curar.
Un medo que cada vez está en máis xente.
Un atentado en certo modo eterno.

Ceo azul e vontade esperta!

martes, julio 05, 2005

É incrible que a 5 de xullo faga este tempo tan extraño! Eu creo que é so para recordarme que non vou a ter un verán normal; con vacacións, piscina, praia...
Aínda así preferiría que os días tiveran mellor cara, levaríao mellor. Este ceo nublado e gris fai que ata certo punto todo pareza nublado e gris. Pouco a pouco esa sensación de soidade e inestabilidade que teño as veces me vai comendo por dentro.
O bo e que mentres me sinta decepcionada por certas cousas, significa que sigo confiando e crendo que as persoas son recuperables. O que me da medo e deixar de ter expectativas que podían ser defraudadas. Iso si que sería triste!
Esta historia do diario dixital sirveme canod menos para desafogar certas cousas, sen sentirme logo culpable por preocupar a outros polas miñas cousas.
Sinto que determinadas cousas non están sendo xustas, e dende logo non creo que me merecese que me tratasen así. Pero superior ó cabreo que debería ter, é esta tristeza que teño. Non hai motivo tan importante que xustifique perder o que estou perdendo.

domingo, julio 03, 2005


Eu o que quero é vivir na ignorancia...
é unha frase que ultimamente ten dado moito xogo nas miñas ceas cosa amigas.
Vai ser que é porque non fondo todas sabemos o dificil que resulta ignorar certas cousas ou a certas persoas, e o fácil que sería se en realidade non coñecesemos aquelo que agora pretendemos ignorar.
¿que queremos ignorar?
Eu querería ignorar algunhas cousas que me foron ditas, esquecelas, borralas... poder seguir crendo que chega un momento no que as cousas e as persoas non deberían poder esfumarse da túa vida sen máis. E sen menos.
Fago todos os días voto pola ignorancia de certas cousas, pero inevitablemente fracaso. Canto máis intento que algo non esté presente, máis se multiplican os recordos, os afectos, as preocupacións...
No fondo non quero vivir na ignorancia. Como ninguén.