viernes, mayo 27, 2005

Que día máis extraño


Que día máis extraño.
Parece que o tempo se puxo da cor do meu ánimo. Todo o día gris, chovendo, frío...
A estas alturas do ano e parece que a calor non pode ser un estado permanente!
Todo o día planchando e limpando, habilitando este meu lugar no mundo para poder ter nel unha vida minimamente decente... Limpar ás veces sirve de tarapia. Descarga enerxía e fai que te sintas útil, polo menos ves o resultado, aínda que o resultado sexa tan precario e en nada volva estar todo outra vez patas arriba.
Foi un día de moito pensar, de moita autopregunta e moita autoresposta.
Conclusións? Ningunha... E fácil achacalo todo ó traballo, ó que pasou con este ou con aquel... Pero é un autoengaño tan obvio que non o creo. O problema está en min, non nos demais.
a gracia de todo é: e a solución quen a ten? porque estou segura que hai moitas maneiras de que me sinta mellor, moitas ademáis alleas a min. Pero e que quero unha propia.
Unha das plantas parece cansa de dar tanta flor. Coido que se vai a marchitar por tanto alarde de cor. Síntome en certo modo identificada.

miércoles, mayo 25, 2005

mmmmm....


mmmm... Hoxe fai un día fantástico! Os primeiros días de calor de cada ano son sempre os que máis prestan. Dende a ventana vese un ceo azul de postal e as plantas que teño están xa floridas! A verdade é que na casa non se está nada mal... Preferería non estar tanto tempo encerrada, pero tamén ten as súas cousas boas:
Podes falar ou quedar calada sen que ninguén pense que estás tola
Recomforta estar soa sen ter que librarse da compaña de ninguén
Tes todo a man...
Ademáis esta casa estse comenzando a converter nun bonito punto de reunión para algunha xente: café, te, galletas, música, e moitísima lúz fan deste sitio un pequeno lugar no mundo con certo encanto.
no meu mundo
a miña casa!!