martes, septiembre 13, 2005

Calma


Duas semanas de baixa, corpo que non acompaña a enerxía da alma, alma rota que volta a nacer, conciencia desfeita polo daño feito, meninha que xa morreu, felicidade rota pola culpa, felicidade absoluta, ilusión que se escapa en sorisos que non podo controlar, en abrazos que me dan vida, amor que se me escapa en bicos e vai ó mar, nubes de amor que choven ledicia...
E agora calma, só calma. Calma de recuperar o traballo, o peso, a casa, a independencia, a felicidade de saberme e de saberme ben...
Canta calma e canta inquietude.
Mírome ó espello e sorpréndome de verme alí enteira e feliz, completa.
Para tod@s @s que sigan preocupad@s por min, estou ben.
Estou en calma