sábado, diciembre 30, 2006

martes, diciembre 19, 2006

Balance


Inevitablemente, pensando que acaba o ano e que este blog igual non ten máis actualizacións ata dentro de bastante tempo, toca facer balance do que nos trouxo este 2006 que en nada expira.
Seguindo modelo horóscopo:

Traballo: non me queixo, sería absurdo queixarme do traballo que teño!! É raro o día no que non fago algo que me guste, síentome orgullosa de defender o traballo dos meus compañeiros e penso que este ano como oficina fixemos moitos avances. O último dos meus eventos congregou a máis de 350 persoas, e a nosa axenda de contactos medra cada día. Se non mo quitan eu quedo aquí encantada!!

Saude: tendo en conta as miñas peculiaridades alimenticias estou encantada. Como case o que quero, de feito como moito de todo. Hormonas ben, costou pero estou regulada e sana. Bríllame o pelo, de peso estou fenomenal, non lembro a última vez que tiven que tomar antibióticos, non ahi ataques de ansiedade, malestar xeral nin nada que se lle pareza. Síntome capaz de subir monte arriba en calquera momento. Forte e feliz!

Amizade: aquí empezamos o ano un pouco mal, peeeero ó final parece que todo volveu a un estado no bo, senon mellor que antes. Distingindo entre as nenas de Santiago e as de Ourense, ás de Santiago téñolles que por un altar por aguantarme!
  • Mamá María e fundamental na nosa ordenación fisica e mental da existencia. Nunca vin persoa máis serena e forte.
  • A Arale teríalle que escribir un oletushuevos por todas as cousas que ten feito este ano e cada día está máis guapa.
  • A Vanesa so cabe felicitala porque todo o traballo destes últimos anos está dando frutos e esperar ansiosa ese catálogo. Queremos exemplares asinados pola estrela!!!!!
  • Olalha na súa liña, ordeando existencia con máis ou menos éxito, non hai quen a vexa.
  • a Silvia admíroa cada vez máis porque non ten medo ningún a gañarse a súa vida
  • a Laura vexo que lle van indo mellor as cousas
  • Ana é xa unha señora anestesista
  • Iván, coas súas teimas existenciais, facéndose un oco nas ondas e vivindo do xornalismo!!
  • Á sempre divina Isa, á seductora Bea, a toleirana Julia e ó non menos atracativo Alberto a ver se nos xuntamos un día!! Eu estou disposta a ir a Vigo para o encontro, pero en calquera caso Alberto e eu sendo os dous Ourensanos non temos escusa para non vernos!

ós demais non especificados a gañarse ún nome para o balance do próximo ano!!!

Familia: é un placer descubrir ós teus pais non como pais, senon como persoas coas súas vivencias e cos seus erros pasados e coas súas inquietudes. É un privilexio ser para eles un interlocutor válido, compartir cousas. O que demostra que non é tan importante o que che pase como de que xeito o afrontas, e neso a miña familia merece un dez.

Amor: jijijijijiji Coido que indirectamente é un tema moi presente neste blog. Cariño, tenrura, pasión, risas, consolo, alento, confidencias, abrazos, mimos, silencios, viaxes, retos... Mil cousas que agradecer.

Desexos para o ano que entra: que me quede como estou pero con plaza en propiedade!!

Ata aquí!!

Bo Nadal a todos/as e Próspero Aninovo!!!

miércoles, diciembre 13, 2006

De vacacións...

De vacacions pero traballando, ¿estas cousas só me pasan a min ou é un mal endémico desta sociedade?
Espero poder desconectar mañán para poder reconectarme en cousas máis placenteiras: durmir ata tarde, curiosear na busca de regalos especiais, quedarme falando ata as tantas, estudiar algo, ler, pasear, xogar ó mentiroso, ver pelís, facer tartas...

domingo, diciembre 10, 2006

De volta, pero por pouco tempo



Dunha parte imaxeas da luz dunha estrela sendo devorada por un furado negro, e por outra parte árbore de Nadal da praza maior de Ourense dende o Trampitán. Contra o frío, non hai coma a calor do amor nun bar

jueves, diciembre 07, 2006

DE PONTE

Marcho de ponte, curta en comparación coa que estas disfrutando xa moitos, pero de ponte en calquera caso.
Á volta dous días de traballo e vacacións!!!
Compras de Nadal, estudio, decoración, cafés, palizas ó mentiroso, ceas, partidas de chinchón e moito mate configuran o meu futura próximo.
Voltamos en breve

lunes, diciembre 04, 2006

Cos meus mellores desexos...

Quiero que sepas que ya me esperaba
que esto ocurriera y que no pasa nada
Que solo me da la razon y que he estado aprendiendo
de cada momento que he estado contigo

Y pienso aplicar contra mis enemigos
tus tacticas sucias de acoso y derribo
Que tambien he sacado algo bueno
de todo este enredo
Y quiero que sepas
que espero que acabes colgando de un pino
cuando veas lo imbecil que has sido
cuando veas que lo has hecho fatal
Y que quiero que sepas
que ha sido un infierno estando contigo
Que el infierno es lo mas parecido,
te pareces un poco a Satan
Quiero que sepas que me he acostumbrado
a tus putas escenas de "ahora me largo"
Largate ya de verdad que seria una suerte
si no vuelvo a verte en los proximos años
Por mi que podrias tirarte de un tajo
que ya lo que hagas me trae sin cuidado
Si me pongo a pensarlo un momento
creo que lo prefiero
Asi que ya sabes
que espero que acabes pegandote un tiro
Cuando veas lo imbecil que has sido
Cuando veas que lo has hecho fatal
Y que quiero que sepas
que ha sido un infierno estando contigo
Que por poco no acabas conmigo
pero soy dificil de matar
Y que quiero que sepas
que ha sido un infierno estando contigo
Que el infierno no es tanto castigo
Te pareces bastante a Satan
Los planetas, Pesadilla en el Parque de Atracciones
que? que esto non é un villancinco? Fíxate ti que cousas... pero se fala incluso de pinos e hai un montón de desexos! quen mo ía dicir...
Jijijijijijijijiji