lunes, octubre 24, 2005

Outono



Outono de cores roxas
e brillos de auga
de molladuras
e roupas cálidas
outono de conversas infindas
de miradas complices
de confesións
e risas
outono de te con doces
de sol esquivo
e música
outono de paraiso

lunes, octubre 17, 2005

domingo, octubre 16, 2005

Como unha reina nun cesto, e o cesto furado



Había unha cousa que me dicía miña aboa cando me deitaba a modo de boas noites, dicíame que quedaba "como unha reina nun cesto e o cesto furado"
E eu non entendía moito que significaba aquelo, pensaba que o de quedar como unha reina nun cesto pois tiña que ser unha sensación estupenda pero tampouco tiña moi claro que era unha reina, nin que facía no cesto e moito menos para que estaba o cesto furado.
O cesto debía ser un sitio cálido, agradable, recollido... iso si que o entendía. O do furado imaxinabao como unha especie de mirilla para ver que pasaba no mundo, pero dende ese sitio estupendo. Mirar sen arriscarse, dende o teu sitio seguro e fantástico cheo de amor.
Agora comezo a pensar que o furado debía servir tamén para que entrasen persoas na túa vida. Para que os de afora mirasen cara adentro.
Este é o meu cesto,
benvidos e benvidas

lunes, octubre 10, 2005

Hiperactividade


Hipervitaminada, hipermineralizada!!!
Superben alimentada (corpo e alma) o meu cerebro funciona a mil.
Todo o que podía parecer agobio convírtese en estímulo, e hiperestimulada o meu cerebro acelérase e hiperestimulase só.
Un circulo de enerxía fantástico que deixa atrás todos eses días de cansancio e mal corpo.
Por fin!

miércoles, octubre 05, 2005

Monotemática



Monotemática estou.
Monotemática absoluta de multiples manifestacións e variados sintomas:
  • Textos monotemáticos.
  • Sonrisas absurdas.
  • Pensamentes focalizados nunha soa cousa.
  • Recordos omnipresentes.
  • Imsonios unimodais.
  • Debuxos inconscientes e adolescentes en calquera papel.
  • Variadas formas de comunicación, unico mensaxe

Precioso monotema

martes, octubre 04, 2005

Outono

Vai frío polas mañás, oscurece antes, cambiaron as cores nos parques e nos escaparates, voltaron os universitarios á cidade...
Volve o outono e con el as ganas de cousas quentes en cafeterías calidas con máis cálida compaña, de meter o nariz na roupa de inverno en busca de vellos recordos e novas ilusións, de ir de magosto, de compotas de mazá, de tardes de ler con manta no sofa, de conversas coa aboa na cociña...
As follas can e irremediablemente con elas cánseme pesares, medos, angustias... E todo o que se me cae se me cae sen dor, fácilmente, tan fácilmente que me sorprendo ó verme tan espida e tan feliz.
Volto a estudiar, os 90 temas invariables agardan por min, pero reciben unha Carme un pouco distinta.

Coherencia

Entre o que pensei e penso existe unha lóxica irracional na que me perdo e na que me atopo, por iso me sei acertada nas miñas decisións
Entre o que fago e que fixen seime honesta, por iso non preciso renegar de nada, anclarme no vivido ou ter medo do que ven.
Entre o que sinto e o que sentín me sei máis grande e máis intensa, por iso son simplemente feliz.
Entre min e as miñas múltiples versións daríase unha fácil convivencia, non exenta de conflictos pero con reconciliacións, por iso me acepto, xa non me dou vértigo e me degusto a placer.
Entre o que penso, o que fago e o que sinto existe coherencia, por iso respiro mellor.