viernes, mayo 27, 2005

Que día máis extraño


Que día máis extraño.
Parece que o tempo se puxo da cor do meu ánimo. Todo o día gris, chovendo, frío...
A estas alturas do ano e parece que a calor non pode ser un estado permanente!
Todo o día planchando e limpando, habilitando este meu lugar no mundo para poder ter nel unha vida minimamente decente... Limpar ás veces sirve de tarapia. Descarga enerxía e fai que te sintas útil, polo menos ves o resultado, aínda que o resultado sexa tan precario e en nada volva estar todo outra vez patas arriba.
Foi un día de moito pensar, de moita autopregunta e moita autoresposta.
Conclusións? Ningunha... E fácil achacalo todo ó traballo, ó que pasou con este ou con aquel... Pero é un autoengaño tan obvio que non o creo. O problema está en min, non nos demais.
a gracia de todo é: e a solución quen a ten? porque estou segura que hai moitas maneiras de que me sinta mellor, moitas ademáis alleas a min. Pero e que quero unha propia.
Unha das plantas parece cansa de dar tanta flor. Coido que se vai a marchitar por tanto alarde de cor. Síntome en certo modo identificada.

No hay comentarios: