domingo, noviembre 05, 2006

Sempre quedamos pra cear


Moitas veces de cea coas miñas amigas de Ourense imaxinaba o que pensarían de nos todas as persoas que por gracia ou desgracia (asumo que cada quen tería a súa opinión) acababan sentadas ó noso carón.
Falamos demáis, somos un pouco (ou moito) lurpias, metémonos unhas sempre na vida das outras, discutimos todo e de todo, somos unhas escandalosas e querémonos un montón.
Esas nosas cenas son un merecido descanso ou un auténtico pelotón de fusilamento, a según como vaia a semana e a vida en xeral; pero son sobre todo unha institución: un lugar ó que voltar.
Supoño que dende a mesa do lado parecemos unhas chifladas ruidosas, e a verdade e que facemos méritos en canto vemos expresión de escándalo na cara dalguén. É unha pequena maldade que sempre nos consentimos, como gozar da cara de susto dos camareros cando pedimos todas as chucherías da carta.
Toda esta reflexión deriva do feito de que por moito que discutamos ou teñamos problemas ou opinións dinstintas ó final sempre quedamos pra cear.
Que estudiemos, traballemos, teñamos mozo, sexamos unhas tolas solteiras, vivamos en Ourense, en Pamplona, En Madrid ou en Vigo...
Sempre quedamos pra cear

No hay comentarios: