martes, diciembre 19, 2006

Balance


Inevitablemente, pensando que acaba o ano e que este blog igual non ten máis actualizacións ata dentro de bastante tempo, toca facer balance do que nos trouxo este 2006 que en nada expira.
Seguindo modelo horóscopo:

Traballo: non me queixo, sería absurdo queixarme do traballo que teño!! É raro o día no que non fago algo que me guste, síentome orgullosa de defender o traballo dos meus compañeiros e penso que este ano como oficina fixemos moitos avances. O último dos meus eventos congregou a máis de 350 persoas, e a nosa axenda de contactos medra cada día. Se non mo quitan eu quedo aquí encantada!!

Saude: tendo en conta as miñas peculiaridades alimenticias estou encantada. Como case o que quero, de feito como moito de todo. Hormonas ben, costou pero estou regulada e sana. Bríllame o pelo, de peso estou fenomenal, non lembro a última vez que tiven que tomar antibióticos, non ahi ataques de ansiedade, malestar xeral nin nada que se lle pareza. Síntome capaz de subir monte arriba en calquera momento. Forte e feliz!

Amizade: aquí empezamos o ano un pouco mal, peeeero ó final parece que todo volveu a un estado no bo, senon mellor que antes. Distingindo entre as nenas de Santiago e as de Ourense, ás de Santiago téñolles que por un altar por aguantarme!
  • Mamá María e fundamental na nosa ordenación fisica e mental da existencia. Nunca vin persoa máis serena e forte.
  • A Arale teríalle que escribir un oletushuevos por todas as cousas que ten feito este ano e cada día está máis guapa.
  • A Vanesa so cabe felicitala porque todo o traballo destes últimos anos está dando frutos e esperar ansiosa ese catálogo. Queremos exemplares asinados pola estrela!!!!!
  • Olalha na súa liña, ordeando existencia con máis ou menos éxito, non hai quen a vexa.
  • a Silvia admíroa cada vez máis porque non ten medo ningún a gañarse a súa vida
  • a Laura vexo que lle van indo mellor as cousas
  • Ana é xa unha señora anestesista
  • Iván, coas súas teimas existenciais, facéndose un oco nas ondas e vivindo do xornalismo!!
  • Á sempre divina Isa, á seductora Bea, a toleirana Julia e ó non menos atracativo Alberto a ver se nos xuntamos un día!! Eu estou disposta a ir a Vigo para o encontro, pero en calquera caso Alberto e eu sendo os dous Ourensanos non temos escusa para non vernos!

ós demais non especificados a gañarse ún nome para o balance do próximo ano!!!

Familia: é un placer descubrir ós teus pais non como pais, senon como persoas coas súas vivencias e cos seus erros pasados e coas súas inquietudes. É un privilexio ser para eles un interlocutor válido, compartir cousas. O que demostra que non é tan importante o que che pase como de que xeito o afrontas, e neso a miña familia merece un dez.

Amor: jijijijijiji Coido que indirectamente é un tema moi presente neste blog. Cariño, tenrura, pasión, risas, consolo, alento, confidencias, abrazos, mimos, silencios, viaxes, retos... Mil cousas que agradecer.

Desexos para o ano que entra: que me quede como estou pero con plaza en propiedade!!

Ata aquí!!

Bo Nadal a todos/as e Próspero Aninovo!!!

12 comentarios:

Anónimo dijo...

olaaaaaaaaaaaa !! antes de nada agradecer o regalo d cumple !! ENCANTOUME... e xa me dixo Ara q estabas em"espíritu"....tenho moitas ganas d "verte", q fai + tempo!!!Bom , deixote q tenho q ir cear, acabo d chegar d currar na "LaCoru" e necesito comerrrrrrrr... a ver cando ponhemos data para edarnos unha aperta...moitísimos beijos!!
http://www.fotolog.com/osfilmes

Anónimo dijo...

olaaaaaaaaaaaaaaaaaa .... quero darche unha apertqa dunha vez!! ....q fai moito q non nos vemos....antes d nada gracinhas polo regalo,ENCANTOUME!!!! e xa me dixo Ara q estabas "espiritualmente".Bom ...pos hai q ponher data para o encontro"nenas Santiago".Deixote , q vou cear,acabo d chegar d currar e non podo +..beijinhos
http://www.fotolog.com/osfilmes

Anónimo dijo...

Ola..tentei deixarche comentario..mas non me deixa...snif,snif

Anónimo dijo...

olaaaaaaaaa...son eu outra vez... importache q ponha unha ligaçom directa dende o meu fotolog o teu blog??? dime q opinas , se non qeres entendoo..moitos beijos e espero unha senhal...muac

Anónimo dijo...

Hola nena guapa!!!!!
A verdade e que estou moi contenta polo superávit do teu balance do 2006. Merecialo!!!
Como comparto parte do balance, espero que sega todo igual de ben...ti xa me entendes!!!
Bicos de Mamá María!!!!!!!

Anónimo dijo...

Hola nena guapa!!
A verdade e que me alegro moito do superávit do teu balance.
Merecialo!!!!
Como comparto parte deste balance espero que todo siga igual de ben...ti xa me entendes!!
Bicos de Mamá María!

Anónimo dijo...

Hola guapa!!!!!
A verdade e que me alegro moito do saldo final do teu balance anual.
Merecelo!!!!
Como comparto parte do balance, espero que todo siga igual...ti xa me entendes!!!!!
Bicos de Mamá María.

Casa do Carme dijo...

Ollha por suposto que serí unha honra estar no teu fotolog, que estará en breve nas miñas "Outras casas"
Bicos moitos

Anónimo dijo...

..pos ja te metín!! por se nonte vexo :Bon Natal e mil beijos!!

Anónimo dijo...

...son eu outra vez!!!...non actualizas isto moito,eh?!..jejej...so decirche q levantei foto da nossa Julia:
http://www.fotolog.com/osfilmes
beijos

Casa do Carme dijo...

Estou cas de meus pais, e non teño a miña maquiniña portatil con todo o seu equipamento para actualizar en condicións, aínda que como avance en "Outras casas" xa están os filmes!!
bicos moitos nena!

Anónimo dijo...

Os mellores desexos para ti linda!!
MB