lunes, enero 08, 2007

Adeus ás palabras

Levo bastante tempo dándolle voltas á idea e coido que cando entre os meus regalos de reis apareceu unha cámara dixital a decisión fíxose obvia.
Vou clausurar este blog, cando menos na súa parte verbal. Non me apetece escribir, o que máis me gusta de todo isto é ter un espazo para por imaxes, a agora que teño os medio para que estas imaxes sexan máis vou adicalo precisamente a iso. Así que esta Casa do Carme queda agora convertida nun fotolog.
Novos contidos e un adeus agarimoso a todos/as que me acompañastes nesta viaxe. Moito me temo que o meu exhibicionismo non da máis de si.
Bicos moitos!!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

...cando crees o fotolog enviame o enderezo !!!

Anónimo dijo...

A meirande parte das veces as túas fotos comunican moito máis do que se pode expresar con palabras, Carme.

Aínda que se botarán en falta as túas verbas...

Un biquiño