martes, junio 07, 2005

As casas son cousas curiosas


E especialmente curiosas son as familias, que é o que máis casa fai do mundo.
Inevitablemente a nosa primeira casa vai sempre unida a unha familia que nos rodea, da que formamos parte. Eso no mellor dos casos, cando non hai casa ou cando non hai familia e síntoma de que a cousa non vai ben.
Nunca me plantexara o trascendente de medrar rodeada de xente e o moito que influa a miña maneira de medrar na casa que teño, e na que quero ter...
Para min casa e palabra máxica. Se estás en casa estás a salvo, todo vai ben, iso non se cae, é estable, está para ti...
O que hai son persoas dentro das casas e esas persoas mantente a salvo en todo momento, ¿de que? do que está fora.
Despois medras e empezas a facer ti casa, con amigos, con amores... Que suman. Así que tes máis casa.
¿Pero que pasa se ó medrar en lugar de máis casa tes menos?
¿Que pasa cando tes que manter a túa casa a salvo dos que están dentro pero con todo o mundo dentro? Non e aceptable perder a ninguén da casa.
As miñas casas estanse complicando por momentos.

No hay comentarios: