domingo, octubre 16, 2005

Como unha reina nun cesto, e o cesto furado



Había unha cousa que me dicía miña aboa cando me deitaba a modo de boas noites, dicíame que quedaba "como unha reina nun cesto e o cesto furado"
E eu non entendía moito que significaba aquelo, pensaba que o de quedar como unha reina nun cesto pois tiña que ser unha sensación estupenda pero tampouco tiña moi claro que era unha reina, nin que facía no cesto e moito menos para que estaba o cesto furado.
O cesto debía ser un sitio cálido, agradable, recollido... iso si que o entendía. O do furado imaxinabao como unha especie de mirilla para ver que pasaba no mundo, pero dende ese sitio estupendo. Mirar sen arriscarse, dende o teu sitio seguro e fantástico cheo de amor.
Agora comezo a pensar que o furado debía servir tamén para que entrasen persoas na túa vida. Para que os de afora mirasen cara adentro.
Este é o meu cesto,
benvidos e benvidas

No hay comentarios: