jueves, marzo 09, 2006

O espectáculo da moda

Non acostumo a opinar sobre as cousas que non me son propias, ó fin e o cabo este blog non é máis que un maior ou menor lucido/lúcido exercicio de egocentrismo.
Pero realmente a polémica levantada polas tallas, medidas, pesos e poses das modelos que popularon a pasarela Cibeles en Madrid, tenme pensando moito no tema.
O espectáculo da moda escríbese para min dende sempre a golpe de tixeira, materiais e cor. Ten tintes de transgresión, pero sobre todo ten febre de capitalismo creativo e desperta febres de consumismo imposible.
Se a mediocridade ou a incapacidade dos deseñadores os obriga a celebrar espectáculos cebando torturas nos corpos desnutridos dos seus maniquies, perdemos todos.
Eu particularmente, voltarei os meus ollos ós desfiles de moda da rúa e as gozosas lorzas do norte que o pasean, vantaxes de vivir nunha cidade universitaria!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Estou contigo: O espectáculo da moda non ten sentido nas festas glamurosas de estrelas de cine nin nos desfiles de escuálidas filusmías. As imaxes da pantalla de televisión, ou as fotografías dunha revista, non teñen tanta forza como o cambalear das persoas diante túa, na rúa, mellor ou peor enfeitadas, de belezas máis ou menos canónicas, pero sempre vivas, presentes, humanas. O espectáculo da moda na nosa realidade cotiá (ay que chico más mono! / esa tía está cachondísima! / etc)