domingo, marzo 26, 2006

Primavera





Que cousa máis triste é unha primavera que non acaba de chegar, un frío despistado que non sabe que son horas de ir marchando.
Non é posible sentirse ben neste tempo, porque o corpo precisa sol e a alma precisa calor.
Miro pola xanela e non hai maneira de topar signos de bo tempo no horizonte, así que a cor teño que buscala dentro da casa e sobre todo: dentro de min mesma.
Porque sei que as miñas amigas ten razón: que me falta luz, que se me foi certa vida e certa excentricidade que para ben ou para mal me caracterizaba, que se tiña un certo brillo agora so aparece con certa persoa, que me volvín desconfiada...
Eu sei que é certo, pero non sei se realmente me importa que sexa así.
Penso que quizais é mellor reservar certas cousas para quen ten realmente interese en valoralas, en lugar de pretender alumear un mundo que cada vez me parece máis oscuro.
Preciso deixar de pelexarme co mundo, deixar de sentirme responsable, perdoarme a min mesma.
Preciso unha certa primavera mental.

No hay comentarios: