martes, julio 05, 2005

É incrible que a 5 de xullo faga este tempo tan extraño! Eu creo que é so para recordarme que non vou a ter un verán normal; con vacacións, piscina, praia...
Aínda así preferiría que os días tiveran mellor cara, levaríao mellor. Este ceo nublado e gris fai que ata certo punto todo pareza nublado e gris. Pouco a pouco esa sensación de soidade e inestabilidade que teño as veces me vai comendo por dentro.
O bo e que mentres me sinta decepcionada por certas cousas, significa que sigo confiando e crendo que as persoas son recuperables. O que me da medo e deixar de ter expectativas que podían ser defraudadas. Iso si que sería triste!
Esta historia do diario dixital sirveme canod menos para desafogar certas cousas, sen sentirme logo culpable por preocupar a outros polas miñas cousas.
Sinto que determinadas cousas non están sendo xustas, e dende logo non creo que me merecese que me tratasen así. Pero superior ó cabreo que debería ter, é esta tristeza que teño. Non hai motivo tan importante que xustifique perder o que estou perdendo.

1 comentario:

Chousa dijo...

O sol xa saíu. Mais esa pode ser unha crueldade maior para a vida. Se estás triste porque hai mal tempo, parece que é o ceo o que che empuxa. O patético é estar triste cun día soleado. Ou morrer cando nace a primavera.

Bonito blog ;)