viernes, julio 29, 2005

Vírica circular


Ando polo mundo (por este micromundo que é a miña casa) vírica perdida e cansadísima. Teño moita máis forza mental, pero o corpo non me responde.
Mañá tocará seguir estudiando, pero quieta de corpo que se non esto non vai mellorar nada.
Ademáis de nauseas no corpo, teño certas nauseas na alma, por todas esas cousas que me pasan mil veces no día pola cabeza. Pensamento circular, o meu mundo é circular. Por iso me circulan pola cabeza recurrentemente as mesmas cousas:
  • Traballo: proxectos que se acaban, que non dan empezado, que non camiñan como deben, que non acaban nunca, problemas recurrentes, persoas irresolubles, expedientes eternos ...
  • Estudiar: temas que se atascan, temas que nin idea de que tema tratan, temas que xa están, temas que nunca me vou saber!!! Coño: 90 temas...
  • Amigos/as: os que van, os que veñen, os que sobreviven cada día, os que non poden cos seus días, os que non poden coas súas noites, os que me resisto a deixar marchar, os que nunca estiveron pese a parecelo, os que me miman, os que me coidan, os que me berran, os que aparecen de golpe despois de desaparecer...
  • Parella: reservo para min as miñas categorías, non so me definen a min. Non sería xusto
  • Familia: meu irmán, o traballo de meu irmán, o piso de meu irmán, os futuros fillos de meu irmán, a vida de meu irmán...
  • mundo: o medo colectivo, a paranoia, os modelos de comportamento que non me reflicten en absoluto...
  • casa: a lavadora, a plancha, ordear o armario, encontrar algo na despensa entre tanta cousa, donde carallo teño que ir comprar a bombona, as plantas, as obras que me desquician, a miña veciña Nerea que ten moi mal humor as veces (e iso que coido que cabe nun caldeiro aínda) ...
  • o tempo: barómetro recurrente do meu ánimo a través da pantalla das miñas ventás.

(....)

No hay comentarios: